Tres mestas de Guitiriz, Córdoba e Cuba elixen o Centro Agrupado pola súa calidade educativa e describen a experiencia como “inspiradora e inesquedible”
O CRA de Vilaboa despedíu estes días ao seu profesorado en prácticas, tres mestras que escolleron este centro pola súa reputación, polas referencias recibidas e pola calidade educativa que o caracteriza. Unha elección que, como elas mesmas recoñeceron, non foi casual: o CRA é un espazo vivo, innovador e profundamente humano, onde a educación se constrúe desde a proximidade, o respecto e a creatividade.
As mestras Xelo Teijido Teijido, natural de Guitiriz e estudante da UVigo; Araceli Carbonell de los Ríos, natural de Córdoba e alumna da Universidad Loyola Andalucía; e Yolanda Aribú Pedreira, nacida en Cuba e residente en Moaña, tamén da UVigo, completaron aquí unha etapa formativa que describen como “intensa, inspiradora e chea de aprendizaxes reais”.
Durante estes meses compartiron aulas, proxectos e vida co alumnado das cinco escolas do CRA, coñecendo de primeira man un modelo educativo que aposta polo acompañamento individual, a participación das familias e o vínculo coa comunidade. Levan con elas a experiencia dun centro que educa desde o afecto e a profesionalidade, e que deixa pegada.
Desde o Concello de Vilaboa e desde o propio CRA agradécese o seu compromiso, a súa implicación e a súa mirada fresca, que sempre suma. As portas quedan abertas para futuras colaboracións e para que esta etapa sexa só o inicio dun camiño profesional cheo de éxitos. Así llo trasladou a directora do CRA Conchita Pérez e o alcalde de Vilaboa, César Poza, na recepción ofrecida na sede do Centro Rural Agrupado.

