A Casa da Navegación de Baiona acolle este sábado 16 de maio ás 10:30h unha Xornada sobre a Eclipse Solar do próximo 12 de agosto. A actividade consta de dous partes, a primeira delas trátase dunha charla-coloquio que ten por título “Astronomía da eclipse e observación segura”. Os relatores son Begoña Estévez Brao e Antonio Pazos Pérez. A continuación, ás 12:30h o Paseo Pinzón acollerá a “Observación solar con telescopio e explicación do uso de lentes da eclipse”.
A actividade é gratuíta e está dirixida a familias e público en xeral e articúlase en dúas liñas de actuación cun obxectivo dobre: comprender que é unha eclipse —e que o fai especial no caso do 12 de agosto— e, sobre todo, concienciar sobre a importancia de observalo con garantías.

