O PP de Pontevedra pide explicacións ao Goberno central sobre o incidente ocorrido en Redondela onde varios pasaxeiros tiveron que ser desaloxados pola Policía ao quedar atrapados no interior da estación do AVE

Redacción

• Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, rexistraron unha iniciativa para o Goberno dea as explicacións pertinentes sobre cales foron as causas concretas que a provocaron, que responsabilidades se determinaron, e como poden explicar que unha estación titularidade de ADIF mantivese a usuarios atrapados.

• “O grave incidente produciuse tras un atraso na chegada dun tren, quedando os pasaxeiros no interior da estación, a escuras, cos accesos pechados, sen presenza de persoal, sendo necesaria a intervención da Policía Local para facilitar a súa saída mediante o uso de ferramentas”, explicou Irene Garrido.

• “Aquí o que estamos vendo é que parece unha estación fantasma, se vas á máquina expendedora de tiques, non funciona, está fóra de servizo. Se vas ao mostrador, onde debería estar unha persoa detrás informándo, pois o que o atopamos é que, por riba de non haber ninguén, o mostrador está tapiado”, lamentou Javier Bas.

Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido; Pedro Puy e Juan Bayón, piden explicacións ao Goberno central sobre o incidente ocorrido na estación dos Eidos, no concello de Redondela, onde varios usuarios tiveron que ser desaloxados pola Policía ao quedar atrapados no interior da estación.

Irene Garrido, acompañada do voceiro do Partido Popular, Javier Bas e concelleiros do PP en Redondela, visitaron a estación de Os Eidos, onde pudieron comprobar de primeira man, o estado no que se atopa a estación.

“Aquí o que estamos vendo é que parece unha estación fantasma. Se vas á máquina expendedora de tiques, non funciona, está fóra de servizo. Se vas ao mostrador, onde debería estar unha persoa detrás informándo, pois o que o atopamos é que, por riba de non haber ninguén, o mostrador está tapiado”, lamentou Javier Bas.

“O grave incidente produciuse tras un atraso na chegada dun tren, quedando os pasaxeiros no interior da estación, a escuras, cos accesos pechados e sen presenza de persoal, sendo finalmente necesaria a intervención da Policía Local para facilitar a súa saída mediante o uso de ferramentas”, explicou Irene Garrido.

A deputada nacional explicou que xa foi rexistrada no Congreso unha iniciativa para que dean explicacións sobre cales foron as causas concretas que a provocaron e que responsabilidades se determinaron; como explica o Goberno que unha estación titularidade de ADIF mantivese a usuarios atrapados no seu interior, ás escuras e sen presenza de persoal, tendo que ser finalmente desaloxados pola Policía Local mediante o uso de ferramentas; e preguntan tamén se funcionaban correctamente nese momento os sistemas de apertura, peche e evacuación da estación e, en caso contrario, que fallos concretos, técnicos, de mantemento ou de organización do servizo, foron identificados.

Este feito expón serias dúbidas sobre o correcto funcionamento das instalacións, a adecuación dos horarios de apertura e peche, a dispoñibilidade de persoal de atención, así como sobre os sistemas de seguridade e os protocolos de evacuación nunha infraestrutura ferroviaria de titularidade pública. Devandita situación resulta especialmente relevante ao tratarse dunha instalación de uso habitual por viaxantes da contorna de Redondela e a súa área de influencia, na que debe garantirse en todo momento o adecuado funcionamento dos servizos, a seguridade dos usuarios e unhas condicións mínimas de atención, indicaron os populares.

Comparte este artigo