Será o luns, 18 de maio, no Centro Dotacional de Torroso, a partir das 19:30 horas
O Centro Recreativo Cultural de Torroso será escenario o próximo 18 de maio, ás 19:30 horas, dunha conferencia centrada na comunicación, a transformación social e a visión de futuro.
O Concello de Mos colaborará na celebración da charla “Una visión diferente del futuro”, organizada por Banco Mediolanum e impartida por Luca Lazzarini, responsable de Comunicación Comercial e Formación da entidade financeira.
A conferencia abordará os cambios sociais, profesionais e económicos que están a marcar o presente e o futuro, ofrecendo unha reflexión sobre a capacidade de adaptación, a comunicación e as novas perspectivas nun contexto de transformación constante.
Desde o Concello de Mos destacan a importancia de acoller iniciativas que fomenten o debate, a reflexión e a divulgación de contidos de interese para a cidadanía, contribuíndo ademais á dinamización da actividade cultural e social do municipio.
O evento está aberto ao público ata completar aforo.

