Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado ACiP demanda seriedade ao goberno local sobre as acusacións a hosteleria local...

ACiP demanda seriedade ao goberno local sobre as acusacións a hosteleria local sin ningún tipo de rigor

- Anuncio -

Despois de ter acceso a os informes da policía local do día 28 de febrero demostranse as mentiras e manipulacions do goberno BNG-PSOE no seu afán de propaganda e tentado saír nos medios de comunicación escritos e televisivos de calquera maneira, crea noticias que para nada son certas, chegando mesmo a divulgar informacións sen verificar, só co afán de propaganda.

Este tipo de actitudes teñen que cesar, debido a que están a facer un dano irreparable ao sector hostaleiro e á imaxe do Concello que só buscan rédito político, esquecéndose e escondendo a falta de xestión municipal en temas verdadeiramente prioritarios.
Dita situación provoca situacións como as vividas nos pasados días, onde Ponteareas sae en medios televisivos con informacións falsas, como dicir que ningún local de hostalería de Ponteareas cumpre coas medidas sanitarias impostas desde o pasado venres.
Para o Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera esta situación provoca que se criminalice por igual a todos os profesionais da hostalería do Concello, que son tratados con indiferenza e chegando mesmo a ser utilizados polo goberno BNG-PSOE para a súa propaganda para nada fundamentada nin contrastada.
Rechazamos este tipo de aptitudes e o dano que provoca esta situación de desconfianza ante un sector que está a vivir momentos moi difíciles, e dos que dependen moitas familias, que en moitos casos ven abocados ao peche dos seus negocios ante un futuro incerto.
Desde ACiP lembrámoslle ao goberno local que a súa función é controlar o funcionamento e cumprimento das normas, pero ante todo poñer todos os medios necesarios para asesorar aos negocios das novas medidas, axudando e achegando os medios necesarios. Desde logo se algún negocio incumpre reiteradamente facer cumprir a lei, pero non como están a facer ata o de agora sen verificar a realidade, pois polos datos que manexamos non se realizaron inspeccións en todos os negocios de Ponteareas como venden.
Un sector que ve como o Concello non cumpre cos acordos plenarios sobre as medidas aprobadas, como as propostas achegadas por ACiP de non cobrar os impostos municipais mentres dure esta situación, tal como fixeron os demais Concellos e que o goberno local segue sen cumprir.
É importante lembrarlle a este goberno que o seu traballo é buscar medidas de alivio nun momento de crise sanitaria, social e económica, ademais de cumprir coas axudas que seguen sen pagar pola súa falta de xestión e polo seu deixamento desde o mes de decembro que ascenden a máis de 230.000 euros que son tan importantes para a subsistencia dos sectores económicos no Concello.
Desde ACiP apelamos á responsabilidade de todas as forzas políticas e entre todos traballemos para que a situación económica non afecte os nosos veciños, que deberían ser nosa preocupación real.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas