Deste xeito, avanzan as obras da Casa do Conde por un importe de 158.245,18 euros co fin de habilitar un espazo enogastronómico orientado á promoción dos recursos locais e a valorización do patrimonio vitivinícola e gastronómico do territorio do GDR Terra e Auga.
Este novo espazo permitirá organizar actividades culturais, turísticas e formativas que reforcen a identidade enogastronómica do territorio e que fomenten o desenvolvemento turístico sostible.
Despois do cambio da carpintaría exterior e a instalación do aire acondicionado novo, agora tócalle ao chan do espazo que precisaba o arranxo e renovación.

