Baiona Lila programa unha nova representación teatral coa obra “Sophie non é un nome de guerra”

Redacción

O vindeiro sábado, 14 de novembro, a las 21.00 horas, o Multiúsos de Sabarís acollerá a representación da obra teatral «Sophie non é ou meu nome de guerra»,de Roberto Pascual e dirixida por Laura Míguez.

Camille Hedouin e Alixa Ladson interpretan un texto baseado nunha historia real dunha muller inmigrante.

Esta proposta forma parte da programación Baiona Lila, impulsada pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona, co obxectivo de achegar á cidadanía actividades de sensibilización que contribúan á reflexión sobre a igualdade e a prevención das violencias contra as mulleres.

A representación será de acceso gratuíto ata completar a capacidade. Dirixida a público adulto, recomendada a partir de 14 anos.

Con esta iniciativa, o Concello de Baiona continúa desenvolvendo a programación de Baiona Lila, apostando pola cultura como ferramenta de sensibilización, reflexión e transformación social

Comparte este artigo