A partir do 23 de maio e ata o mes de xullo sae novamente á rúa o ciclo de música en directo en espazos públicos organizada polo Concello da Guarda, Tocamúsica e que neste ano 2026 cumpre a que será a súa terceira edición. O programa pretende ser un evento importante e destacado na axenda, onde a música ocupa o lugar protagonista, para compartir un espazo público e un momento de ocio con amigas e amigos.
A programación para este ano será:
– El Cuarto de Tula é un homenaxe a “Buena Vista Social Club” con todo o sabor Cubano.23 maio 12:30 horas, Praza Avelino Vicente.
– Stormy Trucks Liderado por Valentín Caamaño tocarán temas propios con versións de clásicos do Rock.12 de xuño, 21 horas, Rúa Vicente Sobrino
– God Good é Unha banda de soul e funk que te levará a unha viaxe cargada de ritmo. 28 de xuño,12:30 horas no parque Chan do Conde – fronte Igrexa San Benito.
– Los Kalahari, Repertorio completo de “Siniestro Total” co seu exguitarra Javier Soto e o último batería Andrés Cunha. 23 de xullo 21:00 horas, Praza do Reló.
O programa conta co apoio do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

