- Encontro terá lugar os días 30 e 31 de maio no Campo da Festa de San Benito de Romariz. Unha cita que ten como obxectivo poñer no lugar que merece a uva albariña de Soutomaior, unha uva que tantos colleiteiros e colleiteiras levan décadas coidando e mimando.
- O día 29 de maio haberá unha actividade na xornada previa de visita ás adegas que participan neste encontro. Inscricións de balde do 18 ao 22 de maio en www.soutomaior.gal
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Outeiro, acompañados dos colleiteiros e colleiteiras do concello presentaron nesta xornada o II ECONTRO DO VIÑO COLLEITEIRO de Soutomaior. Un evento no que este ano se unen dous novos colleiteiros sumando así un total de 12 participantes. Unha cita que se desenvolverá o día 31 de maio e o 1 de xuño no Campo da Festa de San Benito de Romariz.
O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a tradición de colleiteiros e viticultura de Soutomaior.
O alcalde dixo hoxe que “presentamos o II Encontró do Viño Colleiteiro coa máis grande das ilusións e coa responsabilidade de todo o que nos aconteceu o ano pasado, o ano pasado arrancamos este proxecto porque aquí tiñamos un produto excelentísimo con moito potencia e moito que facer e da man de todas e todos os colleiteiros, este proxecto que ten como obxectivo poñer en valor a nosa terra, a produción, o modo de elaborar un produto que máis ala de ser unha subzona con nome e apelidos propia da DO eu creo que ten todo un universo de matices e de realidades que lle fan que todo o viño albariño de Soutomaior teña un percorrido que non nos podemos permitir que sexa outro xeito para poñelo no lugar no que corresponde”.
Pola súa banda, o colleiteiro, Oscar del Valle, dixo nesta xornada que “o encontro é posible grazas aos que levamos a cabo esta función estoica que seguimos facendo na casa o que sempre se facía os 365 días do año, non somos grandes bodegas pero somos capaces co noso patrimonio e as nosas uvas ser capaz de transformar o noso produto da mellor maneira posible e que guste. Tenis un produto de identidade única e tradicional o que queremos é facer é, un ano máis, un recoñecemento e acompañamento a tanto traballo e tradición e historia e citarnos a todas e a todas na fin de semana para que todos poidamos degustar e desfrutar non soamente do produto que se elabora coa nosa uva senón dunha xornada de convivencia, de compartir e de desfrutar ao lado de tanta xente e na que poidamos desfrutar un pouquiño so do agarimo e do mimo e do traballo que lle poñen a colleita na elaboración destes viños”.
Un encontro no que nesta edición participarán 12 colleiteiros/as do concello: o Furancho Linchú (Vela) , Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega – Furancho do Músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo(O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Aires de Verdugo(O Rial), A Peroxa(O Rial), Eido de Lombeira (O Rial) e Albariño do Rodeiro(Comboa).
Programación
A xornada previa, o 29 de maio, está organizada unha actividade moi especial, a visita ás 12 adegas que participan neste encontro. Unha actividade que se desenvolverá de 18:00 a 19:00h e onde a veciñanza terá a oportunidade de 8 paradas para coñecer o territorio onde de produce o viño. Unha actividade de balde, con prazas limitadas (28), dirixida a público adulto (+18 anos). O punto de encontro do microbús na Casa do Concello de Soutomaior e as nscricións en liña abriranse o 18 de maio ás 9:30h ata o 22 deste mes.
Xa, na fin de semana, este encontro do viño colleiteiro contará cos dous días de celebración. O sábado, 30 de maio, as casetas abriranse de 12:00 a 22:30h. Haberá espazo gastro-bar en horario de 12:30 a 16:00h e de 20:00 a 22:30h neste espazo haberá polbo, petiscos, churrasco e ostras e servizo de bar con refrescos. Ao longo da xornada haberá moitas actividades entre elas a actuación musical con Francisco Castro e Valerio Araújo o sábado ás 13:00h.Xa pola tarde ás 19:00h. terá lugar a mesa coloquio O Viño, patrimonio cultural, da que formarán parte Iria Otero Mazoy. Especializada na produción de viños en pequenas cantidades e María José Zafra González. Docente no CIFP A GRANXA no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura.
De 19:30 a 20:30h terá lugar unha nova actividade, 5MinutosDeViñoDeSoutomaior, onde os colleiteiros/as presentarán o seu viño e participamos na cata rápida do 5 segundos: ver, Remover, Cheirar, Sorber e Saborear
Ás 20:30h chegará o directo de Bafana Bafana.
Xa na xornada do domingo as casetas permanecerán abertas en horario de 11:00 a 16:00h. O espazo gastro – bar de 12:300 a 16:00h. e Ás 12:30h. terá lugar a cita musical con “Madalena Gamalho”. A entrega de distincións e acto de peche terá lugar ás 13:30h. Un evento que rematará coa música en direnco de “Linchú”.
Dende o concello convidan a todas e a todos a desfrutar deste II Encontro do viño colleiteiro. Manu Lourenzo ten claro que “será un éxito como a primeira edición”.

