• Os deputados nacionais, Pedro Puy e Juan Bayón, mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e con representantes da Plataforma N-120, que indicaron que “non nos queda máis remedio que pensar que por parte do PSOE hai unha man negra que non quere levar a cabo este proxecto, porque cando eles mesmos recoñecen a perigosidade da estrada, cando eles recoñecen que non é cuestión de de orzamento, xa non hai ningún tipo de excusa”.
• Pedro Puy, lamentou a inacción do Goberno de España. “O seu arranxo xa estaba previsto desde o ano 2018 e o Goberno o único que fai é dar excusas e retrasalo. Están xa expostos os informes e o concello, por unanimidade, ten feitas as alegacións”.
• A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, explicou que desde o Concello levan máis de 9 anos reclamando melloras urxentes para o tramo que atravesa as parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, que contan cun alto nivel de tráfico, – ao redor de 17.000 vehículos diarios-, o que xera situacións de grave risco, tanto para os peóns como para condutores.
• O voceiro da plataforma lamentou que “se non nos recibe o delegado do Goberno, despois de seis meses que se lle fixo a petición, calquera pode entender que non é porque non poida, senón porque non quere.”
Os deputados nacionais, Pedro Puy e Juan Bayón, mantiveron unha xuntanza coa alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro e con representantes da Plataforma N-120, onde reivindicaron unha vez máis que dean comezo xa as obras de mellora da seguridade viaria da estrada N-120 ao seu paso polo concello de Ponteareas, que acumulan xa 9 anos de retraso.
O deputado nacional, Pedro Puy, lamentou a inacción do Goberno de España no arranxo da N-120 ao seu paso por Ponteareas. “O seu arranxo xa estaba previsto dende o ano 2018 e o Goberno o único que fai é dar escusas e retrásalo. Están xa expostos os informes e o concello, por unanimidade, ten feitas alegacións”, explicou.
Pedro Puy indicou que “o que se trata é de facer dunha vez a aprobación, sacar a concurso a licitación da obra e poñerse mans á obra. Pero lamentablemente, estamos vendo por toda Galicia que isto é un mal xenérico. Estamos pagando máis impostos que nunca, pero como o Goberno non ten orzamentos, impide facer planificacións de obras e isto nótase no mantemento, tanto das estradas, das vías de ferrocarril… están dando fallos, porque non hai unha planificación no que é a reposición polo desgaste do uso das infraestruturas”. Ademáis, avanzou que van a reclamar a través do Congreso que se licite dunha vez o proxecto construtivo. “Imos ver se entre todos conseguimos evitar os perigos constantes que se xeran pola actual situación da N-120 ao seu paso por Ponteareas”, finalizou.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro explicou que desde o Concello levan máis de 9 anos reclamando melloras urxentes para o tramo da N-120 que atravesa as parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, que padecen un alto volume de tráfico e alto risco de sinistralidade. Nava Castro indicou que este proxecto de modernización desta vía nacional constitúe unha demanda histórica da vila, motivada por unha importante densidade de tráfico -ao redor de 17.000 vehículos diarios- e a proximidade deste eixo a núcleos urbanos consolidados, o que xera situacións de grave risco para os peóns e condutores.
“Teño que agradecer á Plataforma que non baixe o seu ánimo para seguir loitando para que isto sexa unha realidade e que teñan ese ímpetu e o ánimo suficiente para poder seguir reivindicando esta necesidade, e por suposto, agradecer aos deputados nacionais do Partido Popular o seu apoio. E espero que entre todos poidamos saber en qué situación se atopa ese proxecto construtivo que dende outubro que estaba en exposición pública ,non sabemos nada máis”, lamentou Nava Castro.
Esta problemática situación foi reiteradamente denunciada tanto por toda a corporación municipal de Ponteareas como pola asociación veciñal N-120, que segundo indicou o seu voceiro. “Estamos reivindicando que isto dunha vez por todas se faga realidade, porque chegado este momento nin Fomento nin o PSOE, xa non teñen escusas para non levar adiante este proxecto. Nestes momentos, o que sabemos é que é un tema simplemente político e non nos queda máis remedio que pensar que por parte do PSOE hai unha man negra que non quere levar a cabo este proxecto, porque cando eles mesmos recoñecen a perigosidade da estrada, cando eles recoñecen que non é cuestión de diñeiro, non é cuestión de orzamento e se non hai ningún tipo de escusa, non nos queda máis que pensar que é por parte de alguén do PSOE”.
O voceiro da plataforma N-120 lamentou que “se non nos recibe o delegado do Goberno, que xa despois de seis meses que se lle fixo a petición, calquera pode entender que non é porque non poida, senón porque non quere. Polo tanto, non nos vai quedar máis remedio que empezar a facer medidas de forza para intentar dunha maneira ou doutra obrigarlles a que fagan algo que verdadeiramente é imprescindible”, rematou.

