● O Polideportivo Municipal converteuse no epicentro Emprego, reunindo a centos de mozos, relatores de primeiro nivel e preto dunha decena de empresas punteiras.
● O Conselleiro de Educación visitou o espazo expositivo pola mañá e o Conselleiro de Emprego participou no acto de clausura xunto ao alcalde, Alejandro Lorenzo.
● Joaquín Dosil, Pedro Rodríguez e Emilio Duró inspiraron coas súas conferencias aos asistentes
O Porriño demostrou hoxe o enorme potencial do seu capital humano e o músculo empresarial coa celebración do I Foro de Emprego e Desenvolvemento Profesional: O Porriño Conecta Talento. A xornada, que superou todas as expectativas da organización, saldouse cun éxito rotundo de participación, deixando a imaxe dun pavillón municipal ateigado de estudantes, profesionais e desempregados en busca de novas oportunidades.
Desde primeira hora da mañá, a afluencia de asistentes foi constante no Polideportivo Municipal. O gran atractivo do evento non só estivo no seu potente programa de relatorios e mesas redondas, senón tamén no espazo Talent Hub, onde se xeraron numerosas citas interpersoais e entrevistas rápidas de traballo entre os mozos e os responsables de recursos humanos de grandes compañías multisectoriais.
O foro contou ademais coa presenza do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen realizou unha visita institucional ao recinto, percorrendo os diferentes stands do espazo expositivo e compartindo impresións co medio cento de empresas representadas e aqueles que acudían a visitalas. Durante o seu percorrido, destacou a importancia de aliñar a oferta formativa coas demandas reais do tecido produtivo galego.
Pola súa banda, o broche de ouro á intensa xornada tivo lugar ás 19:00 horas co acto de clausura oficial. Nel participou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, quen estivo acompañado polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, presente durante toda a xornada.
O rexedor porriñés amosou a súa enorme satisfacción pelo resultado deste primeiro foro: “Ver este pavillón cheo de talento, de mozos con ganas de comerse o mundo e de empresas dispostas a escoitalos é o mellor indicador de que O Porriño ten moito futuro.
Este concello vai seguir sendo o motor industrial da contorna e o mellor aliado para o emprego”, sinalou Lorenzo, quen agradeceu o traballo de todas as entidades colaboradoras e a implicación dos relatores. Con esta primeira edición, O Porriño Conecta Talento consolídrase como unha ferramenta indispensable para conectar de forma directa a oferta e a demanda laboral, impulsando a empregabilidade local e motivando as novas xeracións a construír o seu futuro profesional desde Galicia.
Con esta primeira edición, O Porriño Conecta Talento consolídrase como unha ferramenta indispensable para conectar de forma directa a oferta e a demanda laboral, impulsando a empregabilidade local e motivando ás novas xeracións a construír o seu futuro profesional desde Galicia.
Conferencias
Joaquín Dosil, profesor da Universidade de Vigo e presidente de Libredón, deu as claves para facer entrevistas de traballo importantes e impactantes. Porque o talento que buscan as empresas está, explicou, “nas competencias transversais: hoxe en día as empresas están a buscar candidatos ou candidatas que teñan a capacidade de saber traballar en equipo, capacidade de poder persistir, ter resiliencia, persoas que teñan capacidade de relacionarse con outras persoas con facilidade e crear bo clima de traballo”. Así, puxo o foco en como desenvolver individualmente estas habilidades sociais que son tan necesarias para chegar á entrevista e causar impacto desde a chegada, desde o saúdo inicial ata o desenvolvemento da propia entrevista, e como facer o peche desta.
Xa na xornada de tarde, foi a quenda de Pedro Rodríguez, que plantexou a busca de traballo como un proceso de venda, e “ao igual que as decisións de compra de produtos ou servizos se basean fundamentalmente nas emocións que os vendedores e as vendedoras transmitimos, no caso da venda nun proceso de selección, exactamente igual”. Polo tanto, adestrar a actitude e a motivación que temos ante un process de busca de emprego é fundamental para xerar oportunidades e para conseguir ese traballo que tanto desexamos, explicou. Neste senso, apuntou que “o que diferencia as persoas non é o que saben, senón o que fan con iso que saben. É moi importante ante a busca de
emprego facer cousas, e moitas veces, lamentablemente, o medo paralízanos e fai que nos quedemos parados ante esa situación.”
O prato forte era Emilio Duró, e non defraudou, cunha conferencia traducida a linguaxe de signos, na que desbordaron a enerxía, a paixón e o optimismo, animou o pavillón, ateigado de público, ao que asegurou que “a ilusión segue a ser a enerxía máis rendible do mundo”, sinalando que “a actitude é a diferenza entre ver problemas… ou ver oportunidades” e que “emprender non é non ter medo, é avanzar a pesar do medo” e concluíndo que “O Talento abre portas, pero a attitude decide ata onde chegas”.
Durante o Foro, ademáis o Talent Pitch, con sete candidatos que tiveron dous minutos para mostrar as súas fortalezas e coa especialista en reclutamento e xestión de talento de Abanca Lara Ríos que os introduciu no programa TOP ABANCA, o programa para impulsar carreiras profesionais e que logo deu feedback a cada un dos participantes.
Tamén a oferta formativa da Universidade de Vigo, con Noa Lema Rodríguez, egresada no Grao de Publicidade e Relacións Públicas da UVigo no Campus de Pontevedra. Interesantísimo debate tamén o mantido durante o Talent Briefing sobre as necesidades reais de talento no mercado laboral, no que participaron os responsables de Recursos Humanos de Gonvarri, Eugenia Blanco; de Zendal, Celia Mariño: de GANAIN, Pablo Búa; Crisitian Pereyra, de Magna; Flavia González, de Clece; Emilio Troncoso, de Taprega, e Jorge Trigo, de CEAMSA.
O acto de clausura contou coa participación do alcalde do Porriño, e o Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González Vázquez.
Diversidade de postos de traballo
Como estaba anunciado, as empresas participantes chegaron con ofertas de traballo en busca de candidatos, que se dividiron entre perfís técnicos, talento altamente cualificado e sector servizos e atención social. Así, os perfís técnicos estiveron presentes sobre todo na industria pesada e de automoción.
Durante o encontro, as entidades participantes ofertaron postos para técnicos/as de calidade, operarios/as de produción, specialists en mantemento industrial e montaxe, así como perfís especializados en robótica industrial, automatización e programación de robots. Tamén houbo un oco destacado para oficios especializados como soldadores/as TIG e MIG/MAG, caldeireiros/as e profesionais de loxística con manexo de carretilla elevadora. O talento altamente cualificado e a innovación tecnolóxica foron outros dos piares fundamentais do Talent Hub, con ofertas para enxeñeiros/as industriais, químicos, mecánicos e electrónicos, xunto con programadores/as Python e profesionais do sector das telecomunicacións. No ámbito da xestión e a saúde laboral, buscáronse técnicos/as superiores en PRL, consultores/as de formación e especialistas en xestión empresarial e normativa. Ademais, a oferta incluíu perfís de investigación ligados á innovación tecnolóxica e á I+D+i. Por último, o sector servizos e a atención social completaron unha oferta laboral moi heteroxénea. O foro serviu para cubrir vacantes de repartidores/as, condutores/as profesionais, persoal de atención ao cliente e xestores de banca. No ámbito social e , ofertáronse postos para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), educación infantil e persoal de cociña. Incluso os oficios tradicionais como a albanelería, fontanería ou carpintería, así como tarefas agrícolas de recollida e poda, tiveron o seu espazo nesta exitosa convocatoria.

