Nigrán converterase na capital galega do caniche o próximo 23 de maio

Redacción

O Pavillón de Deportes acollerá a cuarta edición da “Canichada de Galicia”, un evento que reunirá a máis de 250 exemplares e ofrecerá charlas profesionais, sorteos e casetas especializados.

O vindeiro sábado 23 de maio, o Pavillón Municipal de Deportes de Nigrán transformarase no punto de encontro de referencia para os amantes dos caniches. A cuarta edición das “Canichadas de Galicia” promete ser unha xornada dedicada integramente ao benestar, a educación e a convivencia desta intelixente e popular raza.

O evento contará cunha ampla zona de expositores e casetas (Wof, Coco Couture Teckel, Elliot´s Bark, Galipet, Maison Bichonerie, The Pet Atelier, Cocoloco, Peter Walker, Pet Jewel, Pets Clan e A Botica de Chuspi) onde os asistentes poderán adquirir as últimas novidades en alimentación de alta gama e complementos exclusivos para as súas mascotas.

Formación e entretemento

Un dos piares desta edición será o programa de charlas impartidas por profesionais do sector, deseñado para ofrecer ferramentas prácticas aos propietarios:
Salón de peiteado Canino: Impartida por Fany Pets e Guau, especialistas en estética que darán as claves para o mantemento do manto.

Educación Canina: A cargo de MasQcan, quen ofrecerá pautas de comportamento e convivencia.
Primeiros Auxilios: Da man da Botica de Chuspi, para aprender a reaccionar ante emerxencias veterinarias.
Alén da formación, a xornada estará marcada pola diversión con diversas actividades, xogos e sorteos de produtos patrocinados, garantindo un ambiente festivo para todas as familias e as súas peludos. Tamén contará cun fotógrafo profesional, da man de Patarretratos, cun escenario especial.

Un punto de unión para a comunidade

As “Canichadas de Galicia” naceron co obxectivo de que os cans socialicen e de crear unha comunidade activa de propietarios na rexión. Tras o éxito de edicións anteriores, este ano superamos a cifra de 250 caniches de todos os tamaños (xigante, mediano, anano e toy) e cores.

A entrada está aberta a todos os entusiastas da raza que desexen compartir experiencias e aprender dos expertos nunha contorna inmellorable.

Comparte este artigo