O concello de Nigrán informa de que dará as citas para renovar o DNI ou Pasaporte en xuño o martes 26 de maio

Redacción

Daranse 30 citas só de maneira presencial a partir das 8:00 horas nas dependencias policiais

NO Concello de Nigrán e a Policía Local informan á veciñanza empadroada no municipio de que o martes 26 de maio poderá solicitarse cita previa para renovar ou expedir DNI e/ou Pasaporte o luns 1 de xuño a través da unidade móbil da Policía Nacional que acude ao Concello. En total, repartiranse 30 quendas a partir das 8:00 horas só presencialmente (dependencias da Policía Local no Concello de Nigrán).

A través das unidades móbiles VIDOC da Policía Nacional realízanse en escasos minutos e dunha tacada o anteriores tres trámites para renovar ou expedir DNI ou Pasaporte (pegada dactilar, impresión en comisaría e data de entrega), evitando ao cidadán maiores desprazamento.

Comparte este artigo