O concello de Nigrán ofrece este venres unha charla informativa sobre dependencia e discapacidade

Redacción

O Concello de Nigrán e a Asociación Galega na Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade ofrecen este venres 22 de maio ás 20:00 horas no Auditorio Municipal unha charla sobre dependencia e discapacidade con entrada libre ata completar aforo. A charla será impartida por Francisco L.Vázquez Vizoso, ex-Xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Comparte este artigo