O concello de Nigrán continúa este sábado a conmemoración das “Letras Galegas” coa Bande de Gaitas e Percusión da ETRAD

Redacción

A programación finaliza o 7 de xuño cun espectáculo familiar de Vero Rilo e Luís Iglesias en homenaxe a Begoña Caamaño

O Concello de Nigrán continúa este sábado 23 de maio ás 20:00 horas no Muíño de Porto do Molle coa programación especial polas ‘Letras Galegas’ cun concerto da banda de gaitas e percusión da ETRAD Vigo (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional). O conxunto dirixido polo mestre titular Xaquín Xesteira está formado polo alumnado de devandita escola ou procedente doutras experiencias didácticas, sendo o obxectivo compartir música tradicional e de autor centrada no repertorio de gaita galega.

Esta programación cultural especial do Concello de Nigrán remata o domingo 7 de xuño co espectáculo familiar de música e narración oral ‘As mil e unha’, de Vero Rilo e Luis Iglesias en homenaxe a Begoña Caamaño (12:00 horas, Auditorio Municipal).

Comparte este artigo