O presidente da Deputación puxo en valor o papel da universidade como motor de talento, innovación e oportunidades para a provincia
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta tarde no acto de gradación da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, no que trasladou unha mensaxe de confianza no talento da mocidade e reivindicou o papel da universidade como “un activo estratéxico para o futuro da provincia”.
Durante a súa intervención, Luis Menor destacou que o Campus de Ourense “é un dos poucos que segue medrando” nun contexto marcado polos retos demográficos, subliñando a súa capacidade para atraer alumnado, xerar coñecemento e crear oportunidades.
O presidente provincial agradeceu tamén ás familias “que apostasen por Ourense” e ao alumnado pola súa confianza nun campus que, segundo sinalou, “medra porque hai mozos e mozas que cren nel”. Ademais, puxo en valor o compromiso da Deputación coa Universidade de Vigo a través da colaboración en iniciativas ligadas á formación, o emprendemento, a investigación e o turismo.
Luis Menor animou ás persoas graduadas a continuar formándose e medrando profesionalmente, sen perder o vínculo coa provincia: “Ourense necesita talento, persoas preparadas e con iniciativa para seguir construíndo futuro”, afirmou.

