Arranca a programación da 6ª edición de A Guarda Diversa cos obradoiros “Rachando cos marcos: educación para a diversidade”

Redacción
  • A primeira sesión celebrouse xa no IES A Sangriña e as próximas terán lugar nos centros PP Somascos e Carmelitas durante o mes de xuño
  • A iniciativa está dirixida ao alumnado de 1º da ESO e busca fomentar o respecto á diversidade e a creación de espazos seguros nas aulas

O Concello da Guarda xa deu comezo á programación da VI edición da Guarda Diversa coa posta en marcha dos obradoiros “Rachando cos marcos: educación para a diversidade”, unha proposta educativa destinada ao alumnado de 1º da ESO dos centros educativos da vila. 

A primeira das sesións celebrouse o pasado 11 de maio no IES A Sangriña, mentres que as seguintes actividades terán lugar o 8 de xuño no colexio PP Somascos e o 9 de xuño no colexio Carmelitas.       

Os obradoiros, de carácter participativo, abordan cuestións relacionadas coa diversidade afectivo-sexual e de xénero, promovendo a reflexión crítica arredor dos estereotipos, os prexuízos e a convivencia nos centros educativos.  

A actividade enmárcase dentro da programación da VI A Guarda Diversa, iniciativa municipal orientada á sensibilización e promoción da igualdade e do respecto á diversidade a través de diferentes accións educativas, culturais e sociais. Ademais dos obradoiros tamén está incluída nesta programación a proxección dun filme que terá lugar no mes de xullo.

Comparte este artigo