O concello de Nigrán realiza obras de mellora do Centro da Terceira Idade da Ramallosa de cara á nova xestión da cafetería

Redacción

Os traballos, a cargo de Construrey Galicia por importe de 50.143 €, consisten na restauración das carpinterías, pintado, renovación de acabados e pavimentos e impermeabilización da terraza.

CEE Juan María xestionará a cafetería tras resultar adxudicataria no concurso destinado a entidades de inclusión social. A previsión é abrila esta primavera

O Concello de Nigrán iniciou este mes as obras de mellora do Centro da Terceira Idade da Ramallosa a través da empresa Construrey Galicia por importe de 50.143 €. Os traballos, xa na fase final, consisten na restauración de todas as carpinterías (interiores e exteriores); pintado; renovación dos acabados, revestimentos e pavimentos; a reparación dos elementos da fachada e, finalmente, a impermeabilización da terraza.

“Son todo obras menores de mantemento que, loxicamente, se deben levar adiante antes da apertura da cafetería e que repercutirán na mellor conservación do edificio e na conseguinte sensación de confort para o usuario”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta antiga estación do tranvía ubicada na Alameda da Ramallosa e que se emprega para cursos da terceira idade e, na planta Baixa, como local de restauración (vacío tras vencer a concesión e adxudicarse ao CEE Juan María no concurso público do Concello reservado só a entidades de iniciativa social). 

Comparte este artigo