O concello de Nigrán ofrece este venres o concerto fin de curso do alumnado da Escola de Música

Redacción

Terá lugar ás 17:00 e 20:00 horas no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán ofrece este venres 29 de maio ás 17:00 e 20:00 horas respectivamente no Auditorio Municipal o concerto fin de curso a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música. Concretamente, tocarán boa parte dos estudantes de piano, batería, violín, guitarra, baixo, combo e as crianzas de ‘Música e Movemento’.

Comparte este artigo