- O novo contrato co SAF suporá unha mellora moi importante no servizo de atención a domicilio de axuda no fogar.
- Unha nova licitación que pasará das 18 100 horas que había no ano 2022 para este servizo ás 30 050 horas. O que supón un incremento porcentual do 66.02% con este novo contrato.
- Trátase dun esforzo importantísimo para o Goberno de Soutomaior que, cando entraron no Goberno adicaba á atención de maiores dependentes un total de 401 mil euros pasando aos máis de 745 mil coa nova licitación.
Esta mañá o alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Benestar e Sevizos Sociais, Rosana Martíne Boullosa, deron a coñecer a nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar. Dende que entraron no Goberno o equipo liderado por Manu Lourenzo xa incrementaron en dous anos nun 20% as horas de atención ás familias. E co novo contrato suporá un antes e un despois neste servizo.
O Concello de Soutomaior continúa traballando para mellorar a calidade de vida das persoas maiores e daquelas que precisan apoio no seu día a día. Este servizo ofrece atención personalizada, acompañamento e apoio nas tarefas básicas, favorecendo a autonomía persoal e o benestar no propio domicilio.
A nova licitación contempla un incremento de máis de 12 mil horas para atender aos maiores necesitados. E pasarase de 18 100 horas existentes ás 30 050 no novo contrato. O que supón un incremento porcentual do 66.02% con este novo contrato.
Trátase dun esforzo importantísimo para o Goberno de Soutomaior que cando entraron no Goberno adicaba á atención de maiores dependentes un total de 401 mil euros pasando aos máis de 745 mil do novo contrato.
Neste sentido o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “a atención dos nosos maiores é unha obriga moral para o noso goberno, a pesar de que estamos a falar dunha competencia impropia que é da Xunta, nós temos claro que en Soutomaior imos a actuar con responsabilidade e defender a atención dos nosos maiores que grazas a este novo contrato fará posible que todos os maiores en situación de dependencia 2 e 3 poidan contar co servizo de Axuda no Fogar eliminando unhas listas de espera que supuñan situacións dramáticas para moitas familias”.
O alcalde tamén quixo agradecer o traballo do persoal técnico e funcionarios para sacar adiante esta licitación e tal e como dixo hoxe “ se este servizo de atención aos nosos maiores é posible é porque en Soutomaior contamos cunha situación económica positiva e saneada que nos permite investir o diñeiro público alá onde fai máis falta”. Manu Lourenzo tamén quixo agradecer o traballo da concelleira de Servizos Sociais, Rosana Martínez Boullosa, porque detrás desta licitación hai semanas de traballo, e o que é máis importante, unha sensibilidade coma ninguén para a atención e o coidado dos nosos maiores”.
Para máis información sobre Servizo de Axuda no Fogar, as persoas interesadas poden contactar cos servizos sociais municipais no Centro de Benestar Integrado (Multiúsos) en horario de 9:00 a 14:00h. ou a través do teléfono 986 705 106.

