Dani Da Rocha Prol formaba parte da canteira do Club de Xadrez Laroca de Nigrán cando no 2011 unha cardiopatía acabou coa súa vida
O Concello de Nigrán colabora un ano máis co club de xadrez Laroca para organizar este sábado 30 de maio no Pavillón Municipal de Panxón o XIII Torneo de Xadrez ‘Dani Da Rocha Prol’, pertencente ao XIX Circuíto Galego de Promoción. A competición, á que acuden 200 xadrecistas de toda Galicia, disputarase en formato Suízo a 7 roldas, con diferentes ritmos segundo a categoría (hay desde sub 8 a sub 20). Tódolos participantes recibirán un agasallo. O torneo comeza ás 11:00 e a última rolda terá lugar ás 18:30 horas.
Dani Da Rocha Prol formaba parte da canteira do Club de Xadrez Laroca de Nigrán cando no 2011 unha cardiopatía acabou coa súa vida. Desde entón, o Club, coa axuda da súa familia, amigos, Concello e empresas colaboradoras, organizan cada ano este torneo na súa memoria, constituíndo unha das maiores festas xadrecísticas da Galicia.

