- A primeira parada realizarase en Cans o 4 de xuño, para seguir por Atios, Mosende, Carracido, Budiño, Torneiros, Pontellas e Chenlo.
O Concello do Porriño inicia un novo percorrido da súa caravana de atención cidadá, un proxecto que achega os servizos municipais ás parroquias. A primeira parada desta edición terá lugar o día 4 de xuño en Cans, en horario de 9:00 h a 13:00 h. Alí, veciños e veciñas poderán realizar xestións administrativas sen desprazarse ao centro urbano.
A oficina móbil ofrece atención directa en urbanismo, obras públicas, rexistro de documentos, limpeza, saneamento ou información xeral. “Trátase de que os veciños e as veciñas, sobre todo os que máis dificultades teñen para desprazarse, non teñan que achegarse ao casco urbano para facer este tipo de xestións”, asegura o alcalde, Alejandro Lorenzo, engadindo que o Concello do Porriño reafirma así o seu compromiso cunha administración próxima, participativa e humana, que escoita e dá protagonismo á súa xente.
Esta tempada da caravana proseguirá o 11 de xuño en Atios, o 15 en Mosende e o 25 en Carracido. Xa no mes de xullo, achegarase o día 9 a Torneiros, o 16 a Pontellas e o 23 a Chenlo.
Esta iniciativa comezou a realizarse en xaneiro de 2024. Un proxecto pioneiro para achegar a administración local e os trámites municipais a través dunha autocaravana aos veciños das diferentes parroquias do medio rural, facilitando as xestións especialmente ás persoas maiores ou con problemas de mobilidade.
Desde entón, a caravana vai realizando diferentes campañas e rutas organizadas ao longo das distintas tempadas do ano.

