O concello de Nigrán establece desde hoxe e ata o 30 de setembro o sentido único na rúa Bouzavella

Redacción

Como cada tempada estival, a bidireccionalidade mantense entre Estrada pola Vía e Camiño do Cocho e queda en sentido único (descendente) desde este punto ata Tomás Mirambell

O Concello de Nigrán, como cada tempada estival, establece desde hoxe e ata o 30 de setembro o sentido único descendente na rúa Bouzavella (Panxón). Deste xeito, mantense neste periodo a bidireccionalidade entre Estrada pola Vía e Camiño do Cocho ao ser un tramo suficientemente amplo para a circulación e queda en sentido único (descendente) desde este punto ata Tomás Mirambel. A sinalización xa foi mudada acorde a esta nova disposición .

Esta decisión de facela unidireccional se toma cada ano ao aumentar a densidade de tráfico no verán, xa que a estreiteza da rúa Bouzavella, unido a aparcamentos indebidos, dificulta a maniobrabilidade e impide que en moitos tramos se poidan cruzar simultáneamente dous vehículos, xerando conflitos entre usuarios polas preferencias de paso, especialmente no verán, cando son centos de coches que a atravesan para acceder a Patos, Madorra ou Monteferro, xerando, en consecuencia, retencións.

Comparte este artigo