A Xunta de Goberno Local tratará 22 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, día 4 de xuño, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana, con 22 asuntos na súa orde do día.

Licenzas (7). Resolverá as solicitudes de licenzas de obra para o anexo ao proxecto de demolición de dous edificios con conservación de fachadas nas rúas Paseo e Cardenal Quiroga, para a construción de muro de mampostería de contención de terras na rúa Miraflores, para a reforma dunha vivenda nun edificio da rúa Parque de San Lázaro, para a construción dunha unifamiliar en Rairo, e para a rehabilitación de vivendas nun edificio da rúa Lamas Carvajal. Tamén concederá, se procede, prórrogas das licenzas concedidas para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar na rúa das Oliveiras, Seixalbo, e para a remodelación dun edificio na rúa Colón.

Disciplina (2). Analizará os expedientes de declaración de ruína de dous  inmobles: un na rúa Outeiro (Palmés) e outro na rúa Ponferrada

Contratación (2). Aprobará, se procede, os expedientes para contratar a subministración en réxime de alugueiro e instalación do alumeado de Nadal 2026-2027, e a subministración en réxime de alugueiro e o mantemento integral de varios equipos de impresión do Concello.

Xestión urbanística (1). Analizará a proposta de aprobación definitiva da Reparcelación inversa do proxecto de compensación do AR 07-E do PXOM de 2003.

Infraestruturas (1). Aprobará unha conta xustificativa.

Avogacía consistorial  (8). Dará conta de tres sentenzas e un auto ditados polos tiibunais de instancia da Sección do Contencioso- Administrativo, Praza número 1 e 2 de Ourense. Ademais, o Concello deberá comparecer noutros 4 procedementos xudiciais.

A orde do día da sesión inclúe tamén unha delegación de competencias da Xunta de Goberno Local.

Comparte este artigo