Esta institución, situada no interior do Castelo de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, retomou a súa actividade habitual fai dúas semanas e dende este mes de xuño cun novo horario de apertura. Durante o verán nos meses de xuño, xullo e agosto, estará aberta de mércores a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00. A partir de setembro, abrirá de xoves a domingo no mesmo horario.
Este museo aposta firmemente pola excelencia, combinando historia, tradición e tecnoloxía de vangarda para facer da visita ás súas instalacións unha experiencia única.
A través dunha aplicación móbil, os visitantes poden gozar non só das exposicións do museo relacionadas coa rica tradición vitivinícola do Condado do Tea, unha subrexión da Denominación de Orixe Rías Baixas, senón tamén afondar na historia do castelo e nas lendas que se agochan entre os seus muros, embarcándose nunha viaxe polo pasado medieval e moderno desta fortificación

