O Concello celebrará o Día do Orgullo cun gran espectáculo na Praza Maior, protagonizado por Isabel Rey e Azúcar Moreno

Redacción


O Concello de Ourense celebrará o Día do Orgullo 2026 co espectáculo OURgullo, que se desenvolverá o venres 26 de xuño, ás 21.30 h, na Praza Maior. Presentado pola actriz e cómica Isabel Rey (“Diva de barrio”), o evento incluirá a actuación musical do popular dúo Azúcar Moreno, os espectáculos das drags Marisa Prisa, Ainhoa, Ashley, Josefa Sacho e o dúo Ketty Pinn & Ketty Ponn, e unha sesión de DJ.

A Concellería de Igualdade impulsa este proxecto, co que o Concello quere expresar o seu compromiso cos principios que impulsan a celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI (28 de xuño), unha data que lembra a importancia de seguir defendendo a igualdade real e efectiva das personas LGTBI e de fortalecer unha convivencia ca baseada no respecto, a  liberdade e a dignidade.

Comparte este artigo