A programación de actividades das Festas de Ourense causará cortes e restricións de tráfico na cidade do 14 ao 22 de xuño

Redacción

A Policía Local desenvolverá un dispositivo especial que afectará principalmente a Pardo de Cela, Concepción Arenal, Ponte Pedriña e Portocarreiro

A programación de actividades das Festas de Ourense 2026 requirirá realizar diversos cortes e restricións de tráfico na cidade. O dispositivo deseñado pola Policía Local inclúe estas medidas:

  1. Cortes polas atraccións festivas. Comezarán a instalarse o luns, 15 de xuño e requirirán pechar ao tráfico polas tardes o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro (no tramo desde a Travesía Portocarreiro B ata a rotonda da rúa Fonte do Bispo) desde o mércores 17 ata o venres 19 a partir das 19.00 h. O sábado 20 e o domingo 21, o corte adiantarase ás 17.00 h.
  2. Restricións pola instalación dos escenarios para as actuacións musicais. Pecharanse ao tráfico:
  • Rúa Pardo de Cela: no tramo comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo, desde o domingo 14 ás 08.00 h ata o luns 22, unha vez rematen os traballos de desmontaxe.
  • Praza de Concepción Arenal: o acceso á praza desde a rúa Sáenz Díez e a avenida da Habana quedará cortado o venres 19 desde as 15.00 h e o sábado 20 desde as 12.00 h, manténdose ata que se desmonten os elementos.
  1. Cortes polo espectáculo de drons. O mércores 17, momentos antes das 23.00 h, realizaranse cortes puntuais nos accesos para desenvolver a actividade, concretamente en:
  • Rotonda de Acceso Centro coa N-120: desviando o tráfico pola rúa Castro Canseco.
  • Estrada N-120: á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviándose a circulación pola rúa Díaz de la Banda.
Comparte este artigo