Home Pontevedra Barro O PP defende que os veciños de San Amaro, en Barro, merecen...

O PP defende que os veciños de San Amaro, en Barro, merecen unha estrada segura e non o “parche” que fixo a Deputación

- Anuncio -

• Piden que amplíen a plataforma e creen beirarrúas para garantir a seguridade dos peóns, nun vial polo que pasa o Camiño de Santiago.
• Cubela di que “os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños de San Amaro”.

O grupo provincial do Partido Popular defende que os veciños de San Amaro, en Barro, merecen unha estrada segura, cun proxecto de mellora integral, e non o “parche” que fixo a Deputación de Pontevedra na EP-0508 entre Curro e A Portela. Foi durante a visita que os deputados Jorge Cubela, Paz Lago e Javier Tourís fixeron ao lugar, acompañados polos concelleiros locais, José Antonio Landín e José Suárez e varios veciños.

Durante o encontro, no que aproveitaron para percorrer a pé un tramo da estrada e comprobar “o grave problema de seguridade vial que provoca unha estrada estreita e moi sinuosa para a convivencia de peóns e vehículos”, escoitaron as reclamacións “xustas” que fan os veciños de San Amaro. Piden un proxecto integral para a EP-0508, coa ampliación da plataforma pola que hai tramos na que non poden cruzar dous vehículos, a creación de beirarrúas para poder camiñar con seguridade, así como a mellora do saneamento e do alumeado público.

O voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, defende que “hai que investir con fundamento, e non ir a Barro e poñer un parche para xustificar que se fixo algo”. Recorda que “ademais de ser a titular desta estrada, a Deputación ten como misión apoiar aos pequenos e medianos concellos da provincia. Os concellos do rural deben ter servizos e seguridade, e por iso o Goberno provincial non pode dar as costas aos veciños de San Amaro”. Nesta liña, entende que tanto a institución provincial como o Concello de Barro son responsables desta situación, xa que o Goberno local debería ter defendido as reclamacións dos veciños.

As reclamacións e o malestar que dos veciños de San Amaro non son novas, hai máis de un ano que os populares apoiaron e participaron nalgunhas das concentracións que a plataforma veciñal organizaba para reclamar un proxecto seguro para esta estrada provincial, como se fan noutros concellos e noutras estradas provincias.

A EP-0508, entre Curro e A Portela, é unha estrada pola que transitan moitos vehículos, así como o autobús escolar e camións, pero tamén pola que cruzan moitos peóns, xa que ademais por ela transcorre o Camiño de Santiago.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas