Home Pontevedra A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nun rego...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nun rego afluente do río Gafos, no concello de Vilaboa

- Anuncio -

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco nunha inspección rutineira nas redes fluviais do concello

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais cara a un rego innominado, afluente do río Gafos, no concello de Vilaboa.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras que veñen efectuando nas redes fluviais dos distintos termos municipais.

O vertido producíase a través dun colector de saneamento de titularidade municipal na parroquia de Figueirido, no lugar do Alcouce, que filtraba as augas residuais sen depurar.

Desde Augas de Galicia requiríuselle ao Concello a adopción das medidas correctoras oportunas para o cese dos vertidos, procedendo este á reparación do colector de saneamento que presentaba a incidencia.

Os técnicos autonómicos constataron nunha recente inspección o cese dos vertidos e da afección ao dominio público marítimo-terrestre.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas