Os escolares do CEIP Fontes – Baíña realizaron unha visita guiada por Baiona organizada pola Oficina de Turismo (concellaría de turismo).
Os alumnos de 1° e 2° de Primaria desfrutaron dunha visita guiada pola Directora do Museo Casa da Navegación, Rosa Villar Quintero, e a continuación pola Réplica de Carabela Pedresa.
Pouco despois desprazáronse ata a lonxa, acompañados, por Joaquín López Goce, concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades Marítimas, encargado de explicar ao alumnado a actividade pesqueira e o funcionamento da lonxa.
Tamén visitaron a Biblioteca Municipal de Baiona, acompañados pola concelleira de Deportes, Política Social e Asociacionismo, Ana María Iglesias Rodríguez.
En todo momento o alumnado estivo acompañado pola concelleira de Educación, Nuria Leyenda Gómez.
Os estudantes tamén desfrutaron dunha merenda e dos xogos no parque da Palma.
Durante as diferentes visitas puideron: Coñecer o patrimonio histórico e marítimo de Baiona; Allegar ao alumnado á cultura do mar, a actividade pesqueira local e funcionalidade da Lonxa; Fomentar o interese pola lectura e polos servizos públicos municipais; Promover a aprendizaxe mediante experiencias directas e participativas; Favorecer a convivencia e o desfrute dos espazos públicos de xeito responsable.
No Concello de Baiona, énchenos de orgullo abrir as nosas portas aos nosos escolares e contribuír ao desenvolvimiento dunha cidadanía informada e participativa.
Agradecemos a visita e reafirmamos o noso compromiso co ámbito educativo en beneficio da nosa comunidade.

