O corte de tráfico da Praza de Concepción Arenal programado para mañá, sábado 20 de xuño, polas Festas de Ourense adiántase ás 10.00 horas (en vez de ás 12.00 horas) por motivos loxísticos. O corte manterase ata que se desmonten os elementos instalados para os concertos de Cantajuego (20.30 h) e Conductores Suicidas, tributo a Joaquín Sabina (0.00 h)
O Concello lembra que a rúa Pardo de Cela, no tramo comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do Mundo, permanece pechada ata o luns 22, cando rematen os traballos de desmontaxe dos escenarios instalados xunto ao Pavillón.
Ademais, polas atraccións festivas, esta fin de semana tamén estarán pechados ao tráfico polas tardes o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Portocarreiro (no tramo desde a Travesía Portocarreiro B ata a rotonda da rúa Fonte do Bispo) desde as 17.00 horas.

