A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha axuda de 67.465 euros para a mellora da pavimentación no vial Fillaboa – Grixó (Alxén) e Fraguiñas – Igrexa (Fornelos) a través da convocatoria para actuacións en camiños rurais no período 2025-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España.
A actuación enmárcase dentro do Plan Municipal de mellora de viais e contempla a pavimentación de tres camiños municipais que se encontran nun estado de deterioro importante. Por un lado entre a Fillaboa e Grixó, na parroquia de Alxén, asfaltarase un vial cunha lonxitude total de 773 m. As seguintes actuacións realizaranse no vial de Fragiñas – Igrexa na parroquia de Fornelos, 146 m de lonxitude por un lado e 205 m por outro.
En total unha intervención de preto de 80.000 euros cofinanciada en máis de 12.000 euros polo Concello.

