Sanidade informa o Concello de Baiona do fin do episodio de contaminación microbiológica nas augas de baño da praia de Santa Marta

Redacción

A administración sanitaria sinala que os valores de enterococos intestinais e Escherichia coli “non supoñen un risco para a saúde dos bañistas”.

A Xefatura Territorial do Departamento de Saúde remitiu un informe ao Concello de Baiona no que dá conta do “fin do episodio de contaminación microbiológica nas augas de baño do seu concello”. A administración sanitaria sinala que nas análises microbiológicos das mostras de augas de baño recollidas, segundo os informes do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, alcánzanse niveis aceptables.

Na noite do venres revisouse o colector e o bombeo do río Baíña detectando unha obstrución en ambos á altura de Santa Marta, quedando esta solucionada o resultado das analíticas é favorable, polo que a praia pode ser utilizada pola cuidadanía con total normalidade.

Comparte este artigo