O alcalde recibe os participantes nun proxecto Erasmus+ sobre competencias dixitais, que coordina a Escola Oficial de Idiomas

Redacción

Reúne en Ourense a delegacións procedentes das cidades de Balikesir (Turquía) e Kalamata (Grecia)

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, recibiron esta mañá no salón de plenos os e as participantes nun proxecto internacional de investigación que coordina a Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ourense, en colaboración con profesionais de Turquía (cidade de Balikesir) e Grecia (Escola de segunda oportunidade de Kalamata).

A recepción tivo lugar no marco da terceira e última actividade do proxecto europeo Erasmus+ “Mellora da competencia dixital do profesorado de educación de persoas adultas”, que desde o ano 2024 implica a profesionais deOurense, Grecia e Turquía, así como a representantes das súas respectivas administracións educativas, nun estreito traballo colaborativo.

Durante estes días en Ourense, o profesorado da EOI dirixe o seminario titulado “Deseño universal para a aprendizaxe e transformación dixital na educación de persoas adultas”, unhas xornadas centradas na innovación educativa, a inclusión e o desenvolvemento de competencias dixitais no ámbito docente.

Comparte este artigo