A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 30 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos.
Licenzas (6). Acordou conceder as licenzas para remodelar unha vivenda na avenida de Bos Aires, para instalar ascensores en edificios das rúas Jesús Soria, Murillo e Benito Vicetto, e para reformar o portal e o ascensor nun inmoble en Nosa Señora da Saínza. Tamén autorizou unha prórroga da licenza para rehabilitar unha vivenda na rúa Medio do Paso.
Patrimonio (2). Desestimou dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial.
Contratación (3). Adxudicou os contratos das obras do proxecto de área lúdica en Berrocás, por un importe de 1.042.015,31 euros (IVE incluído), e de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia, por 819.646,26 euros. Nos dous casos as obras serán executadas pola empresa Coviastec SL, que presentou a oferta de mellor calidade-prezo. Tamén aprobou o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o seguro dos vehículos a motor e embarcacións do parque móbil do Concello, por 2 anos cun orzamento de licitación de 64.300 euros por ano.
Xestión Urbanística (1). Autorizou o mutuo acordo no prezo xusto dos dereitos na parcela 1 do proxecto de expropiación de terreos para a terminal de autobuses da estación intermodal, por importe de 99.461,56 euros, en execución de sentenza.
Avogacía Consistorial (18). Deu conta de 6 sentenzas e 7 autos ditados polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo (prazas número 1 e 2 de Ourense), e de que o Concello comparecerá noutros 5 procedementos diante destes mesmos xulgados.

