O Supremo inadmite o recurso do Concello contra a sentenza que anulou o cese do interventor, sen entrar no fondo do asunto

Redacción

O Concello apelará ante o Tribunal Constitucional

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou unha providencia na que acorda inadmitir a trámite o recurso de casación presentado polo Concello de Ourense contra a sentenza que anulou o cese do interventor municipal.

A resolución xudicial, de carácter estritamente procesual, non entra a xulgar o fondo do asunto, e inadmite o recurso ao considerar que o asunto xulgado “carece de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia”.

O Concello de Ourense apelará ante o Tribunal Constitucional

O procedemento atinxe á sentenza número 520/2025 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que avaliaba a potestade da Administración local para a remoción do interventor xeral.

O Tribunal Supremo fundamenta a falta de interese casacional obxectivo para a formación de xurisprudencia no “casuísmo que preside as cuestións suscitadas”, ao estar o preito centrado en “aspectos fácticos e circunstanciados”, como a avaliación do desempeño específica. O tribunal argumenta na providencia que un “pronunciamento ad casum”é “incompatible co vixente sistema casacional”, cuxa función é unificar o dereito e non resolver as particularidades de casos concretos.

Comparte este artigo