Home Ourense O Partido Popular de Ramirás denuncia o escurantismo do goberno socialista na...

O Partido Popular de Ramirás denuncia o escurantismo do goberno socialista na xestión municipal

- Anuncio -

• O portavoz do PP, Juan Carlos Rodríguez, acusa á alcaldesa de “inoperancia, sen convocar os plenos como acordáramos, sen ter noticia algunha do que se está facendo e sen dispoñer dos servizos dun secretario municipal titular”

O grupo municipal do Partido Popular en Ramirás denuncia o escurantismo co que o goberno socialista está a desenvolver a xestión municipal, “sen convocar os plenos como acordáramos, sen ter noticia algunha do que se está facendo e sen dispoñer dos servizos dun secretario municipal titular”, declarou o portavoz popular Juan Carlos Rodríguez.

O representante do PP en Ramirás expresa o seu malestar polo continuado incumprimento dos acordos plenarios por parte da alcaldesa socialista, Isabel Gil, “xa que no seu día e por unha decisión tomada no pleno decidimos que se celebrarían mensualmente, convocándose para o último xoves de cada mes e mesmo sinalando que comezarían ás sete da tarde”. Non obstante, denuncia Rodríguez, “a alcaldesa fai o que quere e non cumpre co acordado, pois no último ano e medio estamos celebrando os plenos cada dous meses”.
Esta situación, explica o portavoz popular, ten consecuencias directas no labor de fiscalización e control da oposición “pois non temos acceso á información sobre as xestións e proxectos que poda estar facendo o grupo de goberno”.

Juan Carlos Rodríguez fai referencia a outra cuestión que, segundo denuncia, “tamén está a causar problemas no concello, como é a falta do secretario municipal, pois o último cesou no cargo e debido á inoperancia e á mala xestión da alcaldesa seguimos sen os servizos dun secretario titular, tendo a un funcionario como secretario accidental e outro ocasional que envía a Deputación de Ourense en momentos concretos”. Con todo, di o portavoz, “esta situación non pode utilizarse como desculpa para no convocar os plenos ordinarios”.

Para Rodríguez, “a escura xestión da alcaldesa a sufre toda a veciñanza de Ramirás, que descoñece o que se está facer, que máis ben é nada como ocorreu durante o momento máis duro da pandemia, na que a señora Gil semellaba estar ausente”. Nin tan sequera -dixo- “foi quen de apoiar aos nosos autónomos, empresarios e hostaleiros, para os que pedíamos axudas directas que non foron recollidas nos orzamentos de 2021, razón pola que votamos en contra”. Un plan económico, engadiu “para o cal o grupo de goberno si contou coa colaboración do concelleiro do BNG, que non acudiu ao pleno, o que demostra que teñen un acordo de goberno encuberto”.

Relacionadas

Varias rúas da cidade pecharán ao tráfico mañá pola mañá polas manifestacións do 1...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que mañá, mércores, día 1 de maio, pola mañá, diferentes rúas da cidade estarán pechadas...

Ourense celebrará este domingo a Festa dos Maios cunha alfombra floral, canto de coplas,...

0
A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 5 de maio, a tradicional Festa dos Maios, cunha programación de actividades organizadas pola Concellería de...

A Deputación e a CEO reforzan a súa colaboración cunha nova edición do Plan...

0
O presidente provincial, Luis Menor, na sinatura do convenio que a desenvolverá, recalcou a importancia desta iniciativa “moi acaída para captar persoas que teletraballan...

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Publicacións Relacionadas