As tres bibliotecas públicas municipais de Ourense (A Ponte, San Francisco e A Carballeira) acollerán durante os meses de xullo e agosto espectáculos de contacontos patra a cativada. Trátase dunha iniciativa organizada polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. As actuacións teñen prazas limitadas e para asistir é necesario inscribirse antes, de xeito presencial nas propias instalacións ou por teléfono.
Biblioteca municipal da Ponte. Praza Mestre Luis Fernández, 988605751
- 3 de xullo (venres), 11.00 h: “Animaladas”, con Teatro Calavera.
- 5 de agosto (mércores), 11.00 h: “Os contos do gato”, con Bandullo Azul.
- 26 de agosto (mércores), 11.00 h: “Cantos e contos da foresta”, con Galerna Crúa.
Biblioteca municipal de San Francisco. Explanada de San Francisco, 988230124.
- 15 de xullo (mércores), 11.00 h: “Todos somos árbores. O bosque na biblioteca”, con Carballo con Botas.
- 11 de agosto (martes), 11.00 h: “Un borrancho de conto”, con Sarabela.
- 17 de agosto (luns), 11.00 h: “Un universo na túa maleta”, con Ana Meilán.
Biblioteca municipal da Carballeira. Praza Sagrado Corazón, 988253893.
- 17 de xullo (venres), 11.00 h: “Aventura pirata”, con Lalá Teatro.
- 14 de agosto (venres), 11.00 h: “Alúa, o bosque itinerante”, con Fraga dos Mouros.
- 21 de agosto (venres), 11.00 h: “Iguais e diferentes”, con Manuel Solla.
As tres bibliotecas municipais abren en verán de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

