O Deputado Miguel Fernández asistiu este mércores á inauguración da Cátedra Institucional de Xestión Cultural na Facultade de Humanidades, onde puxo en valor o compromiso da Deputación de Lugo co Campus de Lugo. “Este é un espazo estratéxico para o futuro da nosa provincia e, desde a Deputación, imos seguir apoiando todas aquelas iniciativas que reforcen o seu papel como motor de coñecemento, innovación e desenvolvemento”, sinalou.
Fernández lembrou ademais que a institución provincial mantén unha aposta firme polo acceso á educación superior e polo fortalecemento do Campus de Lugo, sendo a deputación provincial que máis apoia economicamente a unha universidade pública.

