O Concello arbitrou esta mañá unha solución para dispoñer de persoal que garanta a atención ao público en xullo e agosto
A oficina de Rexistro Xeral do Concello de Ourense no barrio da Ponte, situada na Avenida das Caldas, continuará aberta durante todo o período estival para garantir a atención á veciñanza. O Concello de Ourense arbitrou esta mañá unha solución para dispoñer do persoal necesario para prestar servizo durante os meses de xullo e agosto. A oficina manterase operativa no seu horario habitual de atención ao público, de 8.30 a 14.00 horas.

