A concelleira de Asuntos Sociais, Tamara Silva, reuniuse cos directivos Manuel Martín e Elena Rodríguez
A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Ourense, Tamara Silva Cid, mantivo unha reunión de traballo con Manuel Martín e Elena Rodríguez, directivos da asociación Adido e do seu Centro Especial de Emprego de iniciativa social, Aspamadis. O encontro serviu para analizar a actividade desta entidade e abordar novas liñas de cooperación institucional orientadas á inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual.
Durante a xuntanza, os representantes do terceiro sector expuxeron os programas que desenvolven e, de xeito específico, os servizos ambientais de limpeza e rozas que a súa empresa sen ánimo de lucro realiza actualmente en diversas zonas do municipio, como O Palao-Velle, As Madornas-Castro de Beiro e O Cumial.
A concelleira amosou a vontade do Concello de manter unha estreita cooperación con estas entidades recoñecendo o gran labor que desenvolven na nosa cidade.

