O Concello prevé rematar hoxe as obras en Curros Enríquez e Xoán XXIII e continuará mañá en Pena Trevinca

Redacción

O Concello de Ourense iniciou esta mañá as obras de mellora do eixe das rúas Curros Enríquez, Concello e Xoán XXIII. Desde as 11.00 horas está aberto ao tráfico un carril da rúa Concello con Curros Enríquez. Os traballos continúan arestora na rúa Xoán XXIII, no treito detrás da Subdelegación do Goberno, que estará pechado ata que rematen as obras, previsiblemente no día de hoxe.

O Concello iniciará mañá ás 06.00 horas as obras de pavimentación da rúa Pena Trevinca (desde Serra de Queixa ata a intersección coa estrada da Granxa e Emilia Pardo Bazán). A rúa quedará configurada de sentido único descendente. Os vehículos que precisen circular en sentido ascendente serán desviados pola rúa Serra de Queixa. Desde hoxe, o Concello realiza o valado e reserva das zonas de aparcamento en Pena Trevinca para permitir o paso da maquinaria de asfaltado.

Os traballos de pavimentación continuarán o mércores, 8, en Vicente Risco (no tramo entre a avenida de Marín e a Praza de Xeneral Moscardó), e o xoves, 9 de xullo, na rúa Emilia Pardo Bazán, que estará pechada ao tráfico por este motivo.

Comparte este artigo