O Concello de Ourense instalará unha pantalla xigante na Praza Maior para que o público ourensán poida seguir a retransmisión en directo do partido de cuartos de final da Copa do Mundo de fútbol, que disputarán o vindeiro venres, 10 de xullo, as seleccións de España e Bélxica, desde as 21.00 horas.
A afección ourensá encheu onte á noite a Praza Maior para presenciar en pantalla xigante a vitoria da selección española fronte á de Portugal que lle deu a clasificación para a seguinte rolda do torneo mundial.

