A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará mañá 18 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 9 de xullo, ás 13.30 horas, no salón de plenos, para levar a cabo a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 18 propostas de acordo presentadas polos servizos municipais de Licenzas, Xestión económica, Recursos humanos e Avogacía consistorial.

Licenzas (6). Analizará as solicitudes de licenzas para construír unha vivenda unifamiliar na estrada de Reza; para adaptar a garaxe un local na rúa Pastor Díaz; para executar o proxecto reformado de ampliación dunha unifamiliar no Lugar de Lodeiros (Vilar de Astrés); e para rematar as obras dunha unifamiliar na rúa da Senra. Tamén avaliará a petición dunha prórroga para rematar as obras  de construción dunha vivenda unifamiliar na rúa da Viña, en Rairo, e da declaración de innecesariedade de licenza urbanística para segregar unha parcela na rúa Esgos.

Xestión económica e orzamentaria (1). Modificación orzamentaria 1P/2026, execución de sentenza nun proceso de expropiación urbanística.

Persoal e recursos humanos (1) Modificación da Relación de Postos de Traballo número 5/2025. Reorganización e normalización das xefaturas de servizo

Avogacía Consistorial (10). Dará conta de 5 sentenzas e 2 decretos ditados polos tribunais de instancia da Sección do Contencioso Administrativo (prazas número 1 e 2), e dun decreto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ademais, o Concello deberá comparecer diante dos  xulgados de Ourense en 2 procedementos abreviados.

Comparte este artigo