- Os deputados nacionais, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, cualificaron de “burla aos cidadáns” a resposta por escrito do Goberno de España, que evita concretar as cifras reais de Pontevedra e limítase a remitir un listado coas marxes máximas que permite a lei
- “Se de verdade os prazos reais son tan inferiores aos legais como din, non entendemos por que lle negan aos pontevedreses a transparencia de dar as cifras oficiais”, denunciaron os deputados.
- Os parlamentarios do PP lamentaron que o Goberno use a burocracia e afirmacións xenéricas como “unha cortina de fume” para ocultar as carencias do sistema.
Os deputados nacionais do PP de Pontevedra, Irene Garrido, Pedro Puy e Juan Bayón, cualificaron de “burla aos cidadáns” a resposta por escrito do Goberno de España á súa batería de preguntas sobre o colapso na xestión das prestacións públicas na provincia. Os populares acusaron ao Executivo de opacidade por evitar achegar os datos provinciais solicitados.
Nunha iniciativa parlamentaria, os deputados pontevedreses esixiron coñecer o tempo medio real de agarda desde 2017 para tramitar axudas, o atraso específico no cobro do complemento por fenda de xénero ou maternidade, e o volume total de expedientes pendentes de resolución desglosados por prestacións na provincia de Pontevedra.
A contestación oficial do Goberno central evita concretar as cifras reais de Pontevedra e limítase a remitir un listado coas marxes máximas que permite a lei De feito, o Executivo defende a súa xestión asegurando textualmente que “os prazos de resolución das distintas prestacións son considerablemente inferiores ao prazo legal de resolución contemplado na normativa vixente,
Os parlamentarios do PP lamentaron que o Goberno use a burocracia e afirmacións xenéricas como “unha cortina de fume” para ocultar as carencias do sistema.
“Se de verdade os prazos reais son tan inferiores aos legais como din, non entendemos por que lle negan aos pontevedreses a transparencia de dar as cifras oficiais”, denunciaron os deputados.
Os populares lamentaron que, “copiar a lei non soluciona a desesperación de quen agarda meses por unha axuda vital sen conseguir sequera unha cita presencial”, polo que avanzaron que volverán esixir parlamentariamente as estatísticas reais e desagregadas de Pontevedra.

