A rúa Galicia estará pechada ao tráfico 3 horas o domingo pola mañá pola instalación dun camión guindastre para obras

Redacción

O sábado 18 pecharase 3 horas a rúa da Concordia polo mesmo motivo

A Policía Local do Concello de Ourense informa das restricións de tráfico que se levarán a cabo nos vindeiros días con motivo da instalación de camións guindastre-elevadores na vía pública para a execución de obras:

Domingo, 12 de xullo: Rúa Galicia

Estará pechada ao tráfico de 7.00 a 10.00 horas en toda a súa extensión, desde a confluencia coa rúa da Coruña e a rúa Bonhome.

  • Itinerarios alternativos: O acceso a Ramón Puga poderá realizarse de xeito alternativo a través da rúa Nosa Señora da Saínza e a rúa Bonhome.
  • Autobuses urbanos: As liñas afectadas realizarán percorridos alternativos pola rúa da Coruña.

Sábado, 18 de xullo: Rúa da Concordia

Estará pechada ao tráfico de 7.00 a 10.00 horas en toda a vía polo mesmo motivo. Os vehículos deberán utilizar itinerarios alternativos nesa franxa horaria.

A Policía Local roga aos usuarios da vía a máxima precaución, solicita que desculpen as molestias causadas e lembra a importancia de atender á sinalización provisional que se despregará nas zonas afectadas.

Comparte este artigo