O alcalde asistiu á inauguración da mostra, que reúne 48 obras de artistas de España, México e Alemaña
O Centro Cultural José Ángel Valente acolle desde hoxe e ata o vindeiro 11 de setembro a exposición da novena edición de “CROMÁTICA, bienal de pintura xove”. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, participou esta tarde no acto de inauguración desta mostra, que está patrocinada pola Fundación Cum Laude e conta coa colaboración do Concello de Ourense
O seu propósito é dar a coñecer a obra de pintores novos ao público e darlles aos artistas a oportunidade de expoñer nunha sala de arte. Nesta edición son 48 as obras, con artistas de España, México e Alemaña nunha mostra que destaca pola variedade e a calidade dos traballos. Esta edición conta coa colaboración de Fundación ELSER e aumenta de forma considerable os premios.
A exposición pódese visitar de martes a sábados, de 11.00 a 13.30 e de 18.30 a 21.30 horas, e os domingos de 11.00 a 13.30 horas.
Máis información: https://www.fundacioncumlaude.com/cromatica-ix

