Nun momento no que os partidos con representación institucional continúan máis preocupados pola confrontación política que por ofrecer solucións aos problemas reais da veciñanza, Avante Ourense presentará este luns Ourense Merece Máis, un documento que recolle máis dun cento de medidas co obxectivo de demostrar que outra forma de facer política é posible: con propostas, planificación e compromiso coa cidade.
O documento estrutúrase en dez grandes áreas de actuación, que serán presentadas progresivamente ao longo de todo o mes de xullo mediante notas de prensa, vídeos e diferentes publicacións nas redes sociais da plataforma.
Para facilitar o seguimento deste traballo, xunto con esta comunicación remitimos tamén as ligazóns ás redes sociais oficiais de Avante Ourense, onde se irá publicando todo o contido relacionado con Ourense Merece Máis.
Avante Ourense agradece o interese dos medios de comunicación e queda á súa disposición para ampliar calquera información ou atender solicitudes de entrevista.

