Deputación e CEO celebran o éxito do programa piloto “Xerencias en rede” para a capacitación dixital e intelixencia artificial nas asociacións empresariais

Redacción
PROGRAMA PILOTO DE CAPACITACIÓN PARA XERENCIAS DE ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS (ExportOU) O presidente provincial, Luis Menor, participa na xornada de peche e presentación de resultados do Programa piloto de capacitación e asistencia estratéxica para xerencias de asociacións empresariais (ExportOU). Na sede da CEO. Tamén participan David Martinez Alons (Presidente da CEO) e Consuelo Verdú Sain (Directora académica do Proxecto).

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou na xornada de peche desta iniciativa, que se enmarca no proxecto ExportOU, poñendo en valor que hoxe nace unha “comunidade permanente” de asociacións empresariais, un espazo de cooperación para sumar sinerxías

No acto fíxose entrega dos diplomas ás seis entidades empresariais da provincia que participaron nesta formación estratéxica: a de Cortegada, Valdeorras, Verín, Celanova e Xinzo de Limia, de ámbito comarcal, ás que se sumou a Asociación de Autónomos da provincia

A Deputación e a Confederación Empresarial de Ourense celebran a primeira edición da iniciativa formativa “Xerencias en Rede”, un pioneiro programa piloto de capacitación e asistencia estratéxica dirixido a asociacións empresariais da provincia. Un programa que se desenvolveu ao longo de dous meses no marco do proxecto ExportOU, impulsado pola CEO e co apoio económico da Deputación de Ourense.

A clausura tivo lugar hoxe na CEO, acto no que participou o presidente da Deputación, Luis Menor; o presidente da CEO, David Martínez; as xerentes das asociacións empresariais participantes no programa; e a directora académica do programa, Consuelo Verdú Saiz, quen foi a encargada de expoñer a folla de ruta, os indicadores e as principais ferramentas dixitais e de intelixencia artificial implantadas durante a formación.

Trala entregada de diplomas e como clausura, Luis Menor puxo en valor que hoxe nace unha “comunidade permanente” de asociacións empresariais, un espazo de cooperación para sumar sinerxías. 

Menor salientou que nesa folla de ruta do Goberno provincial de apoio ao tecido empresarial e ao comercio local para xerar riqueza e crear emprego na provincia, as asociacións empresariais son “aliadas imprescindibles que actúan como “auténticas vertebredoras do territorio”.

Nesta primeira edición desta formación participaron seis entidades empresariais da provincia: as de Cortegada, Valdeorras, Verín, Celanova e Xinzo de Limia, de ámbito comarcal, ás que se sumou a Asociación de Autónomos da provincia.

Luis Menor felicitou á CEO pola iniciativa e ás asociacións participantes e destacou a colaboración da Deputación, desde fai anos, no proxecto ExportOU asegurando que se trata dun programa importante para a “competitividade das empresas ourensás”, ao tempo que comprometeu o apoio da institución provincial para a súa continuidade.

Pola súa parte, o presidente da CEO explicou que esta formación é o resultado da escoita activa e do coñecemento directo que a Confederación mantén coas asociacións ourensás, o que lle permitiu identificar a necesidade de ofrecer ferramentas que lles axudasen na súa xerencia a gañar eficiencia e dedicar máis tempo a tarefas de maior valor.

Unha formación convertida nunha comunidade

As xerentes destas asociación aprenderon a longo dos seis obradoiros prácticos a incorporar ferramentas de intelixencia artificial a tarefas cotiás como son a redacción de actas e comunicacións, a organización documental, a xestión  económica e a captación de socios, co obxectivo de liberar tempo para dedicalo ás persoas e aos proxectos.

Todas elas expuxeron de primeira man as súas experiencias na realización deste programa formativo piloto, que lles facilitou avances na xestión diaria das asociacións. As participantes destacaron a gran oportunidade que supuxo esta formación no seu día a día, pero sobre todo a comunidade que se formou de intercambio de experiencias e acompañamento entre as asociacións.

Comparte este artigo