O Concello de Nigrán ofrece este sábado 18 de xullo a partir das 20:00 horas o XXIII Festival de Habaneras e Boleros no Auditorio Municipal a cargo da coral Novos Aires de Nigrán como anfitriona e a Agrupación Musical do Rosal como invitada. A entrada é de balde ata completar aforo.

